O censo electoral poderase consultar entre o 8 e o 15 de abril
09-04-2019Diante da convocatoria das eleccións locais e europeas, que se celebrarán o 26 de maio, a Oficina do Censo Electoral comunica aos Concellos que o prazo de exposición pública do Censo Electoral será entre os días 8 e o 15 de abril. Nese prazo, os interesados poderán achegarse ao Concello a comprobar os seus datos e proceder a reclamacións se é preciso.