O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Este xoves 28 de agosto ábrese o prazo para anotarse nas Escolas Culturais e Deportivas 2025-26

| compartir:

IMPORTANTE:
 

Publicadas as listaxes naquelas actividades onde foi preciso realizar un sorteo público, ao haber máis solicitudes que prazas. 

---
Publicadas as listaxes de admitidos. As listaxes que van en vermello corresponden cas actividades nas que se ten que realizar sorteo. Comprobade que estades anotados/as nesta listaxe. O sorteo público farase o día 15 de setembro ás 11 horas na Casa do Concello e o resultado publicarase na web do concello (teo.gal) o mesmo día.

 


Volven as actividades culturais e deportivas a Teo! O prazo de inscrición comezará este xoves, 28 de agosto, e estenderase ata o vindeiro 8 de setembro no Rexistro Xeral do Concello ou na sede electrónica en teo.gal. Ao igual que en anos anteriores, terán preferencia as persoas empadroadas no Concello.

Poderanse consultar as listaxes provisionais a partir do 12 de setembro en www.teo.gal ou nos departamentos de Cultura ou Deportes; así como nas redes sociais do Concello e nas de cada departamento. No caso de haber máis solicitudes ca prazas haberá un sorteo público na Casa do Concello (a data do sorteo publicarase coas listaxes o día 12). 

Pagamento

Cada actividade está programada en tres cursos:

1º curso – de outubro a decembro (20 euros)

2º curso – de xaneiro a marzo (20 euros)

3º curso – de abril a xuño (20 euros)

Para manter a praza todo o curso hai que facer o pagamento completo (60 euros). Se por algún motivo a persoa participante ten que deixar de asistir, poderase solicitar a devolución do segundo e terceiro curso, sempre e cando se faga a solicitude de devolución antes do comezo das clases (segundo curso: 1 de xaneiro, terceiro curso: 1 de abril). En calquera caso, é obrigatorio ter feito o pagamento para poder iniciar o curso.

Senón poderase facer a inscrición (non se garda a praza) e o pagamento de cada curso (20 euros) nas seguintes datas:

1º curso (ou curso completo): do 12 ao 23 de setembro.

2º curso: primeira quincena de decembro.

3º curso: primeira quincena de marzo.

Na ficha de inscrición -que se subirá á web mañá, 28 de agosto- xa se marca a opción elixida (curso completo ou fraccionado). Para facer o dito pago recibirase por correo electrónico (o que se facilita na propia ficha de inscrición) o documento e as instrucións de pagamento. 

Poden consultar as exencións e bonificacións no BOP núm.195 do 13/10/2011 e no BOP núm.12 do 20/01/2020; así como nos departamentos correspondentes. No caso de ter dereito á bonificación é obrigatorio presentar a documentación xustificativa no momento da inscrición.

Duración do curso

Coma todos os anos, haberá actividades para persoas adultas e para a rapazada. O curso das actividades culturais comezará o 1 de outubro ata o 31 de maio, mentres que as actividades deportivas comezarán o 6 de outubro ata a primeira semana de xuño. 

En ambos casos, non haberá actividades durante as vacacións escolares, tal e como se vén facendo nos últimos anos.