O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
A partir do luns 25 de agosto, e ata o venres 5 de setembro, as persoas maiores de 60 anos e empadroadas no concello de Teo poderán anotarse á excursión que organiza o Consistorio a Asturias. A data da viaxe á comunidade veciña será o sábado 4 e domingo 5 de outubro. Os interesados poderán achegarse ata o Departamento de Servizos Sociais para facer efectiva a inscrición.
O prezo establecido por persoa é de 165 euros en habitación dobre, tendo un suplemento de 60 euros para os interesados en aloxarse en habitación individual. A excursión inclúe os traslados, hotel e comidas varias. As prazas son limitadas.
Concretamente, partirase o vindeiro 4 de outubro ás 7.00 horas da mañá desde a Casa Consistorial en autobús. Farase unha primeira parada en Luarca para que os asistentes poidan disfrutar da beleza deste pobo mariñeiro. O xantar realizarase en Oviedo no hotel onde nos aloxaremos.
Ao día seguinte, domingo 5 de outubro, pola mañá visitarase a Xixón, seguidamente iremos cara Cudillero, onde terá lugar a comida. A chegada prevista a Teo será sobre as 21.00 horas.
Para máis información, poden achegarse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello (edificio Constante Liste, 2º andar) ou chamar ao teléfono 981809707.