O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Esta mañá entregáronse os diplomas aos rapaces que asistiron ao curso de verán "Informática básica para a rapazada", que se levou a cabo do 4 ao 29 de agosto na aula de informática municipal do edificio Constante Liste. En total foron 8 os nenos e nenas que realizaron esta formación, cunha duración de 16 horas, e idades comprendidas entre os 9 e os 13 anos.
O obxectivo deste curso era que os participantes adquiriran habilidades no emprego e manexo do ordenador, así como aprender de forma áxil e sinxela a ser autónomos na elaboración dos traballos escolares.
Para iso, ao longo deste mes puideron aprender a traballar co Windows, Libreoffice e o procesador de textos Writer. Tamén practicaron a súa mecanografía e destrezas co propio ordenador.