O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Teo adhírese á Rede de Concellos contra o acoso escolar

| compartir:

O Concello de Teo formalizou a súa adhesión á Rede de Concellos contra o acoso escolar, co fin de impulsar contornas escolares seguras, inclusivas e respectuosas na que o acoso e o ciberacoso escolar non teñan cabida. Búscase promover unha cultura de convivencia positiva e tolerancia cero cara calquera forma de violencia.

Mediante este convenio de colaboración subscrito coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), búscase consolidar unha rede de apoio territorial para intervir en situacións de acoso escolar e actuar tamén de forma preventiva para garantir o benestar e o desenvolvemento integral do alumnado galego nun clima de convivencia positiva. 

Desta forma, a rede de concellos fortalecerá a coordinación entre institucións e entidades locais para previr, detectar e abordar de forma eficaz os casos de acoso e ciberacoso no ámbito escolar; así como establecer un seguimento sistemático e continuados dos posibles casos. O obxectivo final é poder ofrecer apoio estruturado e colaborativo desde as administracións aos centros educativos. 

foto