O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Teo renova o convenio de Compostela Rupestre coa Deputación Provincial

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, vén de renovar coa Deputación Provincial da Coruña o convenio para dar seguimento ao proxecto Parque Compostela Rupestre, unha iniciativa destinada a coordinar a protección, promoción e posta en valor do patrimonio de arte rupestre, moi presente no noso municipio. 

Con este proxecto búscase unha cooperación intermunicipal que permita coordinar recursos e mellorar a eficiencia das actuacións públicas nun total de cinco municipios da provincia (Ames, Brión, Santiago de Compostela, Val do Dubra e Teo). 

De feito, entre os traballos inmediatos destacan iniciativas como a mellora da sinalización de rutas e de elementos arqueolóxicos, así como e o seu mantemento; a renovación do comité científico, o traballo en torno ás posibles adquisicións e a incorporación de novos concellos 

Así mesmo, o desenvolvemento de Compostela Rupestre estará coordinado por un Consello de Dirección, no que terán representación os cinco concellos e a Deputación da Coruña. O órgano contará con dous representantes de cada corporación municipal e dous do ente provincial. A presidencia será rotatoria con carácter anual entre os concellos participantes, comezando polo municipio de menor poboación. 


 

FOTO