O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Licitado o contrato de mellora do viario municipal de Luou a Rarís

| compartir:

Concello de Teo licita o contrato de afirmado e acondicionamento do viario municipal que vai e Luou a Rarís. Os interesados teñen toda a información do proceso na Plataforma de Contratación do Sector Público e poderán presentar ofertas ata o vindeiro 21 de outubro.

Dado o actual deterioro da vía obxecto deste proxecto, debido á antigüidade do último pavimento realizado, das inclemencias meteorolóxicas e do desgaste ocasionado polo tráfico de vehículos diario, cómpre arranxar a calzada para asegurar unha correcta circulación e seguridade viaria nese tramo.

Así, procederase á escavación mecánica e reperfilado de 2.000 metros de cuneta, ademais da mellora da capa de rodaxe mediante o reasfaltado da calzada con aglomerado, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes. En total, arranxarase un tramo que comprende unha lonxitude de 4.500 metros lineais cun ancho medio de 6,40 metros, o que vén sendo unha superficie total a aglomerar de 28.800 metros cadrados. Tamén se levará a cabo o recrecido de 300 tapas de rexistro existentes ata a cota final de acabado e procederase á sinalización horizontal con pintado de liñas en bordos.

mapa