O proxecto Apego programa unha ruta na procura de cogomelos para familias con crianzas
09-10-2020A Concellaría de Lingua, a través do Programa Apego, programa unha ruta en familia na procura de cogomelos como actividade para o mes de outubro. Será unha saída de campo en familia para aprender a identificar e apañar diferentes especies de cogomelos, e servirá para coñecer as características das diferentes variedades que existen pola zona teense, así como para aprender a nomealos, xa que a lingua é moi rica á hora de designalos.