O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A alcaldesa de Teo e a conselleira de Política Social e Xuventude visitan as instalacións de Aspamite

| compartir:

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, acompañou á conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, na visita ás instalacións da Asociación de pais de persoas con discapacidade de Teo (Aspamite). Alí coñeceron de primeira man as demandas e necesidades dos usuarios deste centro, así como os novos programas e saídas que realizan.

Así mesmo, tamén supervisaron o novo vehículo adaptado que a Consellería de Política Social e Xuventude financiou para dito centro, co fin de poder ampliar as actividades e ofrecer ás persoas con discapacidade máis e mellores servizos de atención. En palabras da alcaldesa, a prioridades para o Concello de Teo é mellorar a calidade de vida das persoas con necesidades especiais, á vez que se lle facilita o día a día ás súas familias.

Aproveitando a visita da conselleira ao municipio teense, Lucía Calvo ensinoulle as instalacións da escola infantil municipal da Ramallosa, que xunto ás escolas de Calo e Os Tilos dan cobertura a preto de 160 rapaces e rapazas.

Aspamite

Arquivos descargables

Attachment Size
Aspamite 3.jpeg 352.43 KB
Aspamite 1.jpeg 211.07 KB
Aspamite 2.jpeg 237.39 KB