O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello de Teo aclara que o parque de Luou permanece pechado ao público porque aínda non están rematadas as obras de acondicionamento

| compartir:
  • Solicitamos aos veciños que non accedan ao recinto co fin de evitar posibles accidentes

  • Tal e como recolle o convenio asinado entre o Concello de Teo e o Arcebispado de Santiago, o parque estará pechado ao público polas noites

     

O Concello de Teo quere aclarar que o parque de Luou está pechado ao público porque as obras de acondicionamento aínda non están rematadas. Polo tanto, solicitamos aos veciños e veciñas que non entren no recinto para evitar así posibles accidentes.

Ademais, cómpre deixar claro que a cesión dos terreos é froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Teo -subscrito polo exalcalde, Rafael Sisto- e o Arcebispado de Santiago de Compostela, con data de decembro de 2018. É evidente que as obras de remodelación se prolongaron no tempo e, polo tanto, dende a actual corporación municipal entendemos o malestar da xente.

Pero é importante matizar que, namentres as obras non estean totalmente finalizadas, non se pode abrir o parque ao público. Dende o Concello trataremos de priorizar estas obras -que son contratadas a unha empresa externa- e que se poida inaugurar esta área recreativa e de ocio infantil e xuvenil o antes posible.

Si ben, tamén é necesario deixar claro que, tal e como se recolle na cláusula segunda do citado convenio, o parque permanecerá pechado polas noites. De aí que houbera que instalar unhas portas para evitar a entrada de persoas en horario nocturno.


Enlace á web do Concello onde se pode consultar a acta aprobada en Pleno sobre este convenio de colaboración (páxina 29 en adiante). 

Convenio