O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Rematados os traballos de recuperación da ponte medieval de Pontevea, declarada Ben de Interese Cultural

| compartir:

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, acompañou esta mañá ao conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, e ao alcalde da Estrada, José López, na supervisión das obras de rehabilitación realizadas na ponte de Pontevea. 

O proxecto incluíu a recuperación das lastras e da contorna, a renovación do pavimento, a limpeza do empedrado e a creación dun espazo de visionado sobre a ponte dotado con mobiliario urbano e novas sinais informativas.

Cabe lembrar que esta ponte foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) no ano 2017. Así, considerouse acaído o réxime de protección da categoría de monumento en relación coas características da ponte, aínda considerando tamén relevantes os valores históricos e a súa riqueza paisaxística.

Polo tanto, trátase dunha ponte senlleira do patrimonio cultural de Galicia localizada nunha vía de comunicación de orixe romana, cuxa construción é de época medieval. Ao longo da historia sufriu varias reconstrucións e foi escenario de fitos como a Guerra da Independencia ou as loitas contra as tropas napoleónicas desenvoltas a partir do ano 1809.

ponte