O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello de Teo e a Xunta de Galicia asinan un convenio para dotar ao pavillón dos Tilos dunha nova cubrición

| compartir:

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, achegouse esta mañá ás dependencias de San Caetano para asinar un convenio de colaboración co vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, para financiar a instalación dunha nova cubrición sobre a cuberta do pavillón deportivo municipal dos Tilos por importe de 48.300 euros. No acto de firma tamén estivo presente a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto.

Desta forma, grazas ao investimento por parte da Xunta de Galicia, dáselle resposta ás deficiencias que rexistra na actualidade esta instalación deportiva, como son a entrada de auga de chuvia por mor da corrosión da cuberta e a formación de humidade por condensación.

Así, as obras consistirán na instalación dunha nova cubrición, formada por paneis metálicos sobre a actual cuberta. O obxectivo é garantir a impermeabilización e a eficiencia enerxéticas, buscando a seguridade e o confort das persoas usuarias e garantindo infraestruturas e servizos municipais de calidade.

A rexedora municipal salientou que se trata dunha obra moi necesaria para o correcto desenvolvemento das actividades que se realizan no seu interior. De feito, subliñou que o Concello segue traballando no acondicionamento das instalacións deportivas localizadas no municipio para asegurar un uso e desfrute con todas as garantías.

firma