Youtubeiras chega á súa sexta edición co obxectivo de ensanchar a comunidade creadora en galego na Rede
01-06-2022Youtubeiras, proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de once concellos, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación no Youtube en galego con temáticas e formatos diversos, así como promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede, chega neste 2022 á súa sexta edición co obxectivo de ensanchar a comunidade creadora.