O Concello achega aos centros escolares o proxecto "As aventuras de Luli"

07-05-2021

A Concellaría de Educación, dirixida por Mayte Argibay, apoia o proxecto "As aventuras de Luli" dun grupo de alumnado de Ciencias da Educación da USC. A través desta iniciativa crearon unha mascota, a raposa Luli, que quere animar aos nenos e nenas de 0 a 6 anos, a que recuperen a actividade física que viron moi mermada por causa da pandemia. Este proxecto ademais conta coa participación e implicación de tres estudantes de Teo, Antía e Alexandra, de Cacheiras e Luján, de Calo que se achegaron esta mañá ao Concello para presentarnos o traballo e á mascota Luli. 


Teo volve a acoller o programa o programa da USC "Camiños de coñecemento"

30-04-2021

Teo volve a acoller o programa da Universidade de Santiago de Compostela, Camiños de Coñecemento e Experiencia , dirixido a persoas maiores de 50 anos que estean interesadas en ampliar a súa formación sobre temas como a historia moderna de Galicia, ou a herdanza segundo o dereito galego e Estatal, entre outros.



Os traballos do Plan Director de Compostela Rupestre avanzan a existencia de 150 sitios arqueolóxicos no territorio

27-04-2021

Por vez primeira o Consello Director e o Consello Asesor do proxecto Compostela Rupestre realizaron unha reunión co obxectivo de avanzar no proxecto de redacción do Plan Director do parque. A adxudicataria do proxecto, a empresa Trivium, avanza a existencia de 150 sitios arqueolóxicos no territorio, uns cincuenta aínda sen catalogar. 



O Concello cubre o servizo de conciliación con comedor nos Tilos ata final de curso

23-04-2021

O Concello, a través do Departamento de Benestar, pon en marcha un servizo de comedor temporal no colexio dos Tilos asociado ao programa de conciliación que xa viña funcionando, o Teo Coida Tilos. 

Deste xeito asúmese o compromiso coa comunidade escolar cando o Concello garantiu que se a Xunta prestaba o servizo de comedor dende o próximo curso o que resta do curso actual podería facelo o Concello. 


Cultura celebra o Día do libro coa edición de dous vídeos animando á lectura

23-04-2021

O movemento asociativo e os/as escolares de Teo animan á sociedade a festexar o Día do Libro. E fano da man da Concellaría de Cultura, que edita dous vídeos para conmemorar esta data. 

Unha das pezas recolle as impresións de alumnado dos centros de Teo nas bibliotecas do Concello no que nos explican as razóns polas que lles gusta ler e o que lles aporta. 

Preme aquí para ver o vídeo dos/as escolares de Teo. 

A segunda peza céntrase no movemento asociativo do Concello que nas imaxes percorre lugares emblemáticos de Teo.


Cultura presenta a exposición "Os libros da nosa vida"

15-04-2021

A Concellaría de Cultura programa unha mostra sobre "Os libros da nosa vida" para celebrar o Día do libro. Será no Auditorio Constante Liste e poderemos vela do 19 ó 24 de abril. Segundo explican dende a área de Cultura nunha época profundamente tecnificada, o obxecto libro segue a manifestarse como un formato de extraordinaria resistencia e vixencia, malia non ter xa o monopolio na divulgación do saber e o coñecemento.


O imposto de vehículos pódese pagar ata o 15 de xullo

14-04-2021

A Deputación da Coruña publicou no BOP do 31 de marzo o prazo de pago voluntario do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica que vai dende o 1 de abril ao 15 de xullo, ambos inclusive. No caso dos recibos domiciliado o cargo está previsto para o 15 de xuño. Se os recibos non están domiciliados hai que facer o pagamento co recibo que chega por correo postal antes do 15 de xullo. 

Os documentos de ingreso inclúen dúas referencias de cobro, con importes diferentes:


Celébrase o 175 aniversario da Batalla de Cacheiras cun acto na Reitoral de Bamonde

13-04-2021

O 23 de abril conmemórase o 175 aniversario da Batalla de Cacheiras e dende a área de Turismo deseñaron un acto na Reitoral de Bamonde para presentar as visitas teatralizadas da Ruta da Batalla a cargo da compañía Quinquilláns que se farán este verán. O venres 23 ás 19:00 horas teremos un acto no que intervirá Pablo Sanmartín, responsable do arquivo municipal; Guillermo González Raviña, profesor e investigador e Xosé Mª. Lema Suárez, profesor e historiador.