O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello remata o arranxo do viario municipal en Cornide

| compartir:

O Concello executou o afirmado e acondicionamento do viario municipal en Cornide. Trátase dunha obra financianda pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), a través do Plan marco de mellora de camiños rurais, anualidade 2023-2024. A obra estaba orzamentada en algo máis de 96.600 euros. 

Segundo se destaca no Informe de necesidade da obra, este viario presentaba un importante deterioro pola antigüidade do último pavimento realizado polo Concello, así como polo impacto das inclemencias meteorolóxicas propias do paso do tempo. 

Os traballos consistiron en estender unha nova capa de aglomerado asfáltico sobre a base anterior, xa que así se eliminan os problemas de desgaste e perda de adherencia. Tamén se fixo o pintado de sinalización horizontal con pintura branca ou amarela. 

Esta obra está financiada a través de Agader con fondos Feader: Europa inviste no rural, no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia.