O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

As persoas que queiran presentar alegacións ao proxecto de Altri teñen de prazo ata o 17 de abril

| compartir:

Todas aquelas persoas interesadas en presentar alegacións ao impacto ambiental da fábrica de Altri teñen ata o vindeiro 17 de abril para facelo.

A Xunta someteu a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada (AAI), o estudo de impacto ambiental (EIA) e a declaración de utilidade pública da futura fábrica de fibras textís que a compañía lusa Altri proxecta no municipio lugués de Palas de Rei (Lugo).

Así, poderán presentar as ditas alegacións en calquera rexistro ordinario da Xunta de Galicia, dos concellos e mesmo a través da Sede Electrónica. 

 

foto