O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O presidente da Xunta en funcións visitou hoxe os traballos de prolongación da AG-59

| compartir:

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, Ethel Vázquez, e da alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, visitou hoxe os traballos de prolongación da AG-59, os cales comezaron o pasado mes de outubro. 

O presidente destacou hoxe “o bo ritmo” das obras de ampliación da AG-59 que permitirá conectar Santiago de Compostela e A Estrada en só dez minutos a través dunha vía de altas prestacións sen peaxes. “É unha infraestrutura moi demandada e necesaria que vai ter unha gran incidencia na améndoa central de Galicia, en todos os concellos que hai arredor da capital”, indicou. 

Os traballos de ampliación vanse dividir en dous treitos: 3,5 quilómetros entre A Ramallosa e Pontevea (ambos no concello de Teo) e outros 4 quilómetros para conectar Pontevea e A Estrada. O investimento para este primeiro tramo é de 36 millóns de euros e, tal e como salientou Rueda,  a previsión é que estea operativo a finais do verán de 2025.

En paralelo, a Xunta vai traballar para avanzar no segundo treito. A previsión é aprobar o proxecto de obra no terceiro trimestre do ano e poder licitalas a finais deste 2024.

Pola súa parte, a rexedora municipal destacou o impulso que esta estrada lle dará ao municipio, tanto no desenvolvemento da súa economía local como na mellora da propia veciñanza. Así, tamén avanzou que a AG-59 poñerá en valor o futuro polígono industrial que está previsto na zona da Ramallosa. 

Con esta prolongación e estes enlaces, matizou Calvo de la Uz, dáse resposta a unha demanda veciñal e do propio tecido empresarial, tendo en conta as necesidades da veciñanza en obras tan importantes como é a construción da AG-59.

foto