O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Teo acolleu o obradoiro “Todos os ODS son locais”, unha iniciativa impulsada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

| compartir:

O Salón de Plenos do Concello acolleu esta mañá o obradoiro “Todos os ODS son locais”, unha iniciativa pioneira impulsada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade no marco do proxecto europeo People & Planet.

Neste senso, cabe subliñar que a ONU adoptou a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, un plan de acción que formula 17 obxectivos con 169 metas de carácter que abarcan as esferas económica, social e ambiental. 

Así, ademais de poñer fin á pobreza no mundo, os ODS inclúen, entre outros puntos, erradicar a fame e lograr a seguridade alimentaria; garantir unha vida sa e unha educación de calidade; lograr a igualdade de xénero; asegurar o acceso á auga e á enerxía; promover o crecemento económico sostido; adoptar medidas urxentes contra o cambio climático; promover a paz e facilitar o acceso á xustiza. 

O dito obradoiro ofreceu un espazo de formación e reflexión crítica sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e a súa vital importancia no ámbito local. Durante a sesión, as persoas participantes tiveron a oportunidade de recibir unha guía de apoio deseñada para ser unha ferramenta esencial nese percorrido. Esta guía proporciona orientación práctica e exemplos concretos que facilitarán a integración efectiva dos ODS nas políticas e accións locais.

Así, é fundamental recoñecer que os municipios desempeñan un papel chave na consecución destas metas globais establecidas polas Nacións Unidas. Por iso, durante o obradoiro, non só se presentaron os pasos necesarios para levar a cabo este proceso de localización, senón que tamén se creou un espazo para a análise colectiva e o intercambio de experiencias.

O obxectivo desta xornada foi fomentar un diálogo aberto e construtivo que incluíse ao persoal político e técnico municipal, pero tamén a colectivos de carácter social, comercial, cultural, ANPA, asociacións, etc., co fin de explorar conxuntamente estratexias para territorializar a Axenda 2030 de maneira efectiva.

Este enfoque busca non só aumentar a capacidade dos concellos para implementar os ODS, informando tamén das liñas de financiamento dispoñibles e facilitando asesoramento especializado, senón tamén fortalecer os lazos entre os diferentes axentes locais e promover unha acción coordinada e inclusiva. 

foto

Arquivos descargables

Attachment Size
Programa ODS.jpeg 133.65 KB