O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Os nove concellos implicados na comarcalización do servizo de bombeiros coñecen os avances neste proxecto

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, participou hoxe na reunión convocada polo Concello de Santiago de Compostela -xunto ao resto de municipios implicados- para coñecer de primeira man os avances no proxecto de comarcalización do parque de bombeiros. 

Así, deuse conta da reunión mantida onte entre o Concello de Santiago, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña, na que as tres administracións mostraron a súa vontade de ter asinado ao longo deste ano o convenio para desenvolver o parque comarcal. Neste senso, Lucía Calvo de la Uz insistiu en dar ese prazo, máis que razoable, para evidenciar e converter en realidade ese proxecto que leva parado máis de 20 anos. 

Nese sentido, o compromiso de Xunta e Deputación quedou onte ratificado,os cales achegarán achegarán ao proxecto tres millóns de euros, dos que dous millóns serán para as obras das futuras instalacións, e un millón de euros anual para os custos de persoal. 

A comarcalización do parque de bombeiros permitirá cubrir unha superficie de máis de 900 quilómetros cadrados que comprenden nove municipios. Isto suporá atender a case 180.000 habitantes.  

Na reunión que tivo lugar hoxe no Pazo de Raxoi participaron os alcaldes e alcaldesas de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín; Ames, Blas García; Vedra, Carlos Martínez; Boqueixón, Ovidio Rodeiro; Val do Dubra, Diego Díaz; Trazo, Josefina Suárez; e O Pino, Manuel Taboada. Non puido asistir por cuestións de axenda o alcalde de Brión, Pablo Lago.

Foto