O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Marzo, un mes con M de Muller

| compartir:

Co gallo do 8 marzo, Día Internacional da Muller, o Concello ten programados varios actos conmemorativos da man da Concellería de Igualdade e o CIM de Teo. 

Así, o venres 8 de marzo terá lugar no Auditorio Constante Liste a lectura do Manifesto do 8M, unha declaración institucional aprobada en Pleno e apoiada polos catro grupos municipais que conforman a Corporación.  A continuación, a compañía de teatro A Tequerreté representará a obra Anónimas, unha obra na que se onde abordan as desigualdades laborais de xénero, o machismo existente na sociedade e a necesidade de fortalecer a educación como ferramenta para solucionar estas situacións. 

O domingo 10 de marzo realizarase a ruta guiada e interpretada "Sentir Teo no camiño", co fin de sentir o xeito de vivir das mulleres que habitan preto do Camiño Portugués teense, remarcando a perspectiva de xénero, a posta en valor do traballo transformador e vital das mulleres deste territorio e as súas experiencias e vinculación cos elementos patrimoniais tanxibles e intanxibles do Camiño. 

Ese mesmo día, o domingo, celebrarase o encontro feminino de fútbol que se disputará entre o S.R. Calo e o S.P. Club Praíña no campo de fútbol de Rebordelo, con saque de honra e entrega final de trofeos. 

O venres 15 de marzo comeza o curso de defensa persoal feminina no pavillón de Calo, con parte teórica e práctica para aprender unha serie de habilidades e ferramentas básicas que poidan ser eficaces no caso de atoparse en situacións perigosas.

O mes de marzo pecharase o vindeiro domingo 17 de marzo cunha andaina do programa "Camiñando xuntas", para poñer en valor todos os fitos acadados grazas aos movementos das mulleres pola igualdade.

Xa nos mes de abril levarase a cabo unha saída feminina a Monforte de Lemos.  
 

 

 

cartel