O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello lembra á veciñanza que é obrigatorio dar de alta os galiñeiros de autoconsumo

| compartir:

Como consecuencia da aplicación do decreto de julio de 2021 co que o Goberno central estableceu as normas básicas de ordenación das granxas avícolas, é obrigatorio dar de alta os galiñeiros de autoconsumo, pois non facelo pode motivar sancións que van dos 600 euros en adiante. 

Así, o titular da dita explotación avícola pode obter o número de explotación (código Rega) por dúas vías. Por un lado, pode acudir co seu Documento Nacional de Identidade á oficina rural da súa zona (as coñecidas como oficinas agraria comarcais), onde os servizos veterinarios da Xunta lle poderán tramitar a alta do galiñeiro, asignándolle un número individual que o identificará de maneira única. 

Doutra banda, tamén se pode facer de forma telemática. Para iso, os interesados deberán dispoñer do código REGA (Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras), o cal tamén se pode obter na Sede Electrónica da Xunta. Ademais dos datos persoais, na solicitude de alta hai que especificar o número de animais (galiñas, polos, patos, pavos, ocas, pombas, pintadas, perdices, faisáns e/ou codornices). 

E, a maiores de indicar o emprazamento do ‘galiñeiro’, é preciso detallar se o sistema de cría é en pechado -isto é, se as aves están sempre a cuberto-, se é en aberto -sempre ao aire libre- ou mixto.

Número de exemplares

O decreto estatal especifica que as explotacións de autoconsumo poden criar, como máximo, 0,15 unidades de gando maior (UGM) de aves de curral. Isto é, no caso de galiñas, o tope estará nos 30 animais. No caso dos polos de engorde, 50 aves; no caso de pavos, non se poderá superar os 30. 

Así mesmo, poderanse combinar especies sempre coa condición de que a suma dos valores expresados en UGM dos animais mantidos non supere o 0,15 máximo admisible.

Ademais, cabe tamén sinalar que as persoas que queiran mercar galiñas (ou outras aves para as súas granxas de autoconsumo) poderán facelo presentando o seu código REGA e, no caso de non telo aínda, servirá co número de rexistro da presentación do anexo e o DNI da persoa. 

Por último, todos os galiñeiros de autoconsumo -e o resto de explotacións- deberán manter unhas condicións mínimas hixiénico-sanitarias e de benestar para as aves, así como permitir os controis oficiais. 

foto