O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello retrasa a aprobación definitiva dos seus orzamentos logo da alegación presentada in extremis polo partido PXCT

| compartir:

Esta mañá celebrouse un Pleno Extraordinario de urxencia para debatir a alegación presentada in extremis polo partido municipal de Proxecto en Común (PXCT), o cal provocou que se retrase a aprobación definitiva das contas municipais para este 2024.

Así, a alegación presentada a última hora da tarde do martes, 27 de febreiro, recollía que nos orzamentos aprobados de forma inicial o pasado 31 de xaneiro non se consignaba o crédito necesario para o gasto en enerxía eléctrica dos bombeos.

Ante isto, a alcaldesa explicou que visto o informe emitido pola Intervención municipal, a dita reclamación debe ser admitida pero desestimada, xa que o crédito para o gasto de enerxía eléctrica dos bombeos si se consignou nos orzamentos.

De feito, Lucía Calvo de la Uz salientou que na partida 161/221.00 da área de augas están metidos 226.000 euros, unha partida que pertence á mesma bolsa de vinculación xurídica que a exposta por PXCT. Ademais, a rexedora subliñou que tamén está consignado crédito para enerxía eléctrica na partida 165/221.00 por importe de 250.000 euros.

Para rematar, Calvo de la Uz informou ao resto da Corporación Municipal que todo este orzamento -superior incluso ao consignado para estas partidas nos orzamentos previos de 2022- poderase ver ampliado coa xeración de créditos prevista co POS PLUS Complementario 2024, o cal -chegado o caso- se podería destinar tamén a gasto de enerxía eléctrica. De feito, a alcaldesa lembrou que no pasado ano se destinaron máis de 600.000 euros do POS Adicional 2023 a dito gasto, conseguindo así minorar a contía do recoñecemento extraxudicial de crédito que foi onte mesmo aprobado no Pleno de febreiro con 17 votos a favor.

En calquera caso, tras o debate da alegación, que foi desestimada, quedaron aprobados os orzamentos municipais para o ano 2024, que se farán efectivos unha vez saian publicados no Boletín Oficial da Provincia. Porén, a alcaldesa lembrou que este feito retrasará aínda máis a posta en vigor destas contas, o que implicará un retraso no pago a proveedores e outros gastos.

Orzamentos 2024

Os orzamentos municipais para 2024 contemplan un montante total de 18,1 millóns de euros (18.186.251). Uns presupostos realistas, ordenados e centrados nas necesidades e no benestar da veciñanza.

Así, os novos presupostos do Concello apostan polo acondicionamento das infraestruturas de titularidade municipal, consignando máis de 1,5 millóns de euros a investimentos en infraestruturas.

foto