Abre o prazo para comunicar as cacharelas de San Xoán

31-05-2023

Dende o 1 ao 21 de xuño xa se poden presentar no concello as solicitudes para a realización das cacharelas de San Xoán. 

Os impresos pódense entregar no Rexistro do Concello ou a través da Sede electrónica entre o 1 e o 21 de xuño de 2023. 

Podes descargar aquí o formulario de solicitude. 

A solicitude debe cubrirse cos datos persoias e indicar o lugar de realización da cacharela. 




Teo celebra o Festeo o 11 de xuño

19-05-2023

Volve o Festeo e volve Sés a Teo. A cantante xa estivera hai uns anos precisamente no Festeo e neste 2023 será o peche dunha xornada de encontro entre as asociacións de Teo. O Festeo e a Feira da Terra celébranse este ano o 11 de xuño na carballeira de Francos. 

Dende as 11:30 horas haberá feira da Terra con postos de artesanía, obradoiros en vivo, ademais de alimentación e posto de polbo. A feira está organizada pola asociación A Carballeira de Francos. 

Xa pola tarde o protagonismo será para os grupos e asociacións teenses con actuacións musicais e mostras deportivas. 


O 22 abre o prazo para a inscrición nos campamentos rurais e nos campamentos de verán

11-05-2023

O Concello abre a inscrición para os campamentos o 22 de maio. A oferta diversifícase nos campementos rurais que se farán no mes de xullo en Teo con diversas temáticas e nos campamentos de verán, fóra do Concello, durante o mes de agosto. 

En xullo teremos catro actividades dirixidas a rapazada de 12 a 18 anos en horario de 10 a 14 horas en distintas casas comúns. Unha temática cada semana: 


Publícase a data para o levantamento de actas de ocupación polo novo tramo da autovía da Ramallosa

04-05-2023

A Axencia Galega de Infraestruras publica no BOP número 84 do 4 de maio o anuncio polo que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación e para a formalización de actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado do primeiro treito da actualización do proxecto de construción: autovía AG-59 A Ramallosa-enlace PO-841.Treito:A Ramallosa enlace AC-241,GA/18/104.01.1,Teo.