O CONCELLO LÉMBRALLE Á XUNTA O COMPROMISO DE FINANCIAR A NOVA DEPURADORA DA INSUA

23-07-2016
O alcalde de Teo, Rafael Sisto, dirixiuse á conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, para lembrarlle o compromiso adquirido polo seu departamento de concretar este verán o investimento para construír unha nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) na Insua (Luou).

O CONCELLO DENUNCIA UNHA AGRESIÓN AOS PETRÓGLIFOS DO OUTEIRO DO CORNO E DO RÍO ANGUEIRA

22-07-2016
O Concello de Teo denunciou ante a Garda Civil unha agresión aos petróglifos das zonas do Outeiro do Corno, situado en Regoufe (Luou) e de Río Angueira, en Cornide (Calo). O dano máis grave, probablemente irreparable, produciuse no primeiro lugar, onde alguén raiou con pedra unha cruz, xusto a uns centímetros dunha figura zoomorfa. A pedra coa que fixo os riscos quedou xusto ao pé do panel.


O XULGADO ARQUIVA A DENUNCIA DE CATRO AXENTES DA POLICÍA LOCAL CONTRA O ALCALDE

16-07-2016
O Xulgado de Instrución número 2 de Santiago de Compostela arquiva a denuncia que catro axentes da Policía Local de Teo presentaran a finais do pasado mes de febreiro contra o alcalde de Teo, Rafael Sisto. A decisión do xulgado, que o Concello acaba de coñecer e que data do 22 de xuño, conta ademais co informe favorable da fiscalía.


O CONCELLO REQUIRE O CESE DA EMISIÓN DE RUÍDO DUN GRUPO ELECTRÓXENO NOS TILOS

14-07-2016
O Concello emitiu esta mañá unha resolución na que se require o precintado dun grupo electróxeno pertencente a unha instalación hoteleira na urbanización dos Tilos, por estar emitindo ruídos que ocasionan danos e molestias graves á veciñanza do lugar. Foi precisamente a veciñanza quen denunciou os feitos, polos prexuízos que o equipo, instalado no exterior do inmoble hoteleiro, causa tanto de día como de noite.

AVANZA A CONSTRUCIÓN DUNHA NOVA SENDA PEONIL EN LUOU

07-07-2016
O Concello de Teo avanza na construción dunha senda peonil en Luou, para incrementar a seguridade viaria no tramo de 460 metros entre a igrexa parroquial e a intersección da estrada de Calo. Esta obra culmina un proxecto do que forman parte outras catro sendas e que supuxo un investimento duns 130.000 euros, financiados dentro do Plan de Obras e Servizos (POS) 2015 da Deputación.

O GOBERNO COMPARTE COA VECIÑANZA A NECESIDADE DE CORRIXIR A LEI DO SOLO

07-07-2016
O goberno de Teo comparte coa veciñanza de Cacheiras a necesidade de corrixir a nova Lei do Solo de Galicia, en vigor desde marzo deste ano, polos gravez prexuízos que causa a prohibición de segregar en solo de expansión en núcleo rural no municipio. Esta problemática foi analizada esta mañá nunha reunión que o alcalde, Rafael Sisto, e a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, acompañados polo arquitecto municipal, mantiveron cun grupo de veciños e veciñas da localidade.