CONCELLO LEMBRA QUE OS RECIBOS DO IBI COA LIQUIDACIÓN POLA REGULARIZACIÓN CATASTRAL SE PODEN FRACCIONAR

15-10-2015
Nos últimos días estanse comezando a recibir en Teo as notificacións das liquidacións do IBI dos inmobles afectados pola regularización realizada polo Catastro, dependente do Ministerio de Facenda. Esta liquidación recolle o exercicio actual e os de exercicios pasados se é o caso. Dende o Concello quérese destacar a posibilidade que existe de fraccionamento do pago ademais de lembrar que esta regularización afecta a unha porcentaxe de ao redor do 30% dos recibos totais. A maioría dos contribuíntes teenses pagarán o mesmo que o ano pasado.

A FUNCIÓN TEATRAL "NOITEBOA" CHEGA A TEO CON MELA CASAL, ESNESTO CHAO E GUILLERMO CARBAJO

05-10-2015
Este venres 6 de novembro, o Auditorio da Ramallosa de Teo, acollerá, a partir das 20:30 h, unha representación do espectáculo “Noiteboa” da compañía Redrum Teatro. Producido co apoio da Xunta de Galicia e estreada o pasado 17 de setembro no Teatro Principal de Santiago, “Noiteboa” é unha traxicomedia que transcorre durante a noite do 24 de decembro en Compostela.

A PROGRAMACIÓN CULTURAL DE TEO EN OUTUBRO CÉNTRAS NO TEATRO CON OITO FUNCIÓNS

02-10-2015
A obra “As do Peixe”, un espectáculo para adultos que honra a memoria das traballadoras das conservas, abre mañá o VIII Mes do teatro do Concello de Teo que se desenvolverá durante este mes. Mañá, sábado 3 ás 21:00 horas no CSC da Ramallosa, poderase ver a montaxe de Abrapalabra Creacións Escénicas que obtivo os premios María Casares ao mellor texto orixinal, á mellor dirección e á mellor actriz protagonista. Tamén se fixo co premio do público do Festival internacional de teatro de Ribadavia.

O DEPARTAMENTO DE MOCIDADE ORGANIZA UN OBRADOIRO DE INICIACIÓN AO BREAKDANCE NO INSTITUTO

30-09-2015
O Departamento de Mocidade do Concello de Teo, dirixido por Ignacio Iglesias, organiza un obradoiro de iniciación ao breakdance. A actividade está dirixida a mozos/as de 14 a 20 anos e será de balde. Para participar só hai que anotarse chamando ao teléfono do Concello 981 809 707.

O MERCADO DO ALIMENTO LABREGO CELEBRA A CHEGADA DO OUTONO CUNHA FESTA O SÁBADO 3 DE OUTUBRO

29-09-2015
O Mercado do alimento labrego de Teo celebra este sábado 3 de outubro a chegada do outono cunha festa. Para esto dende a Asociación do mercado planificáronse algunhas actividades como música ao vivo, actividades para os/as máis pequenos/as ou postos de artesanía convidados. E esto sen esquecer o maior reclamo do mercado, os mellores produtos de tempada de hortas de Teo e da contorna.

O PLENO VOTARÁ A LIQUIDACIÓN DO CONTRATO DE VIAQUA QUE EVIDENCIA UNHA DÉBEDA DE DOUS MILLÓNS DE EUROS A FAVOR DO CONCELLO

23-09-2015
A corporación teense reúnese este xoves 24 de setembro en sesión ordinaria. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada.

PUBLÍCANSE AS LISTAXES DE PERSOAS ADMITIDAS NAS ESCOLAS CULTURAIS E DEPORTIVAS MUNICIPAIS

21-09-2015
Os departamentos de Cultura e Deportes veñen de publicar as listaxes de persoas admitidas nas escolas municipais. Consulta aquí a listaxe das persoas admitidas nas escolas culturais Consulta aquí a listaxe das persoas admitidas nas escolas deportivas O prazo para realizar o pagamento e entregar o xustificante vai dende o 21 ao 29 de setembro, ambos incluídos.


O CLUB SAN FRANCISTO TEO ACOLLE NOS TILOS Á ELITE DO KARATE ESPAÑOL E PORTUGUÉS

17-09-2015
O 19 e 20 de setembro de 2015, a localidade de Os Tilos volverá a acoller a celebración dunha nova edición do PROXECTO MUNDIAL, concentrando na localidade teense á elite do karate español e portugués. Una iniciativa avalada pola Real Federación Española de Karate (RFEK) coa intención de preparar a aqueles deportistas con opcións de participar no Campionato do Mundo CD/JR/SUB-21, que se celebrará o próximo mes de novembro en Iakarta (Indonesia)