O CLUB SAN FRANCISTO TEO ACOLLE NOS TILOS Á ELITE DO KARATE ESPAÑOL E PORTUGUÉS

17-09-2015
O 19 e 20 de setembro de 2015, a localidade de Os Tilos volverá a acoller a celebración dunha nova edición do PROXECTO MUNDIAL, concentrando na localidade teense á elite do karate español e portugués. Una iniciativa avalada pola Real Federación Española de Karate (RFEK) coa intención de preparar a aqueles deportistas con opcións de participar no Campionato do Mundo CD/JR/SUB-21, que se celebrará o próximo mes de novembro en Iakarta (Indonesia)

O DEPARTAMENTO DE BENESTAR QUERE PÓR EN MARCHA UN PROGRAMA DE EXERCICIO FÍSICO E PSICOSOCIAL PARA ENFERMOS CRÓNICOS

17-09-2015
O Departamento de Benestar do Concello de Teo, dirixido por Ignacio Iglesias, está preparando un programa de actividade física para enfermos crónicos e os seus familiares. O deseño do programa Bule con Alcer estase realizando coa colaboración de Alcer, Asociación para a loita de enfermidades do ril.

O ALCALDE DE TEO CENTRA NA SEGURIDADE, O TRANSPORTE E A MUNICIPALIZACIÓN DE SERVIZOS OS EIXES DE COLABORACIÓN NA COMARCA

14-09-2015
O alcalde de Teo, Rafael Sisto, mantivo este mediodía unha xuntanza co alcalde de Compostela, Martiño Noriega, no que se falou dos eixes que deben centrar a colaboración intermunicipal na comarca. Seguridade cidadá, transporte, municipalización e coordinación de servizos así como colaboración en políticas culturais ou de benestar “son os temas sobre os que debemos falar entre os Concellos da contorna, sendo ambiciosos, xa que se queremos unha política distinta, por exemplo, en materia de transporte dentro dunha década temos que comezar a planificala agora” explica o rexedor teense.

TEO ASINA CON SANTIAGO E A XUNTA O CONVENIO QUE GARANTE O SERVIZO DE TRANSPORTE URBANO NOS TILOS

14-09-2015
O alcalde de Teo, Rafael Sisto, o rexedor de Compostela, Martiño Noriega, e a Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, asinaron o convenio de colaboración para a coordinación dos servizos de transporte público con orixe ou destino na urbanización dos Tilos.

O CONCELLO DE TEO DECRETA DOUS DÍAS DE LOITO OFICIAL POLA MORTE DE ARMANDO BLANCO

12-09-2015
O Concello de Teo decreta dous días de loito oficial polo falecemento de Armando Blanco Martínez, alcalde de Teo entre o 1995 e o 2007. A corporación teense exprésalle aos seus familiares e amigos o máis sentido pésame. Durante as xornadas de loito oficial, o domingo 13 e luns 14, as bandeiras ondearán a media asta. D.E.P.

OS ALCALDES DE AMES E TEO REÚNENSE PARA VALORAR TEMAS DE INTERESE CONXUNTO PARA OS DOUS CONCELLOS

11-09-2015
Os alcaldes de Ames e Teo, José Miñones e Rafael Sisto, mantiveron esta mañá unha xuntanza institucional no Concello de Teo. Tratábase da primeira reunión logo do cambio nas alcaldías o pasado mes de xuño e serviu para pór en común temas de interese conxunto e acordar manter unha liña de comunicación fluída.

A ÚLTIMA PROBA DO CAMPIONATO DO MUNDO DE TRIAL PRESENTOUSE NO CONCELLO DE TEO

10-09-2015
Ás 12 horas deste xoves tivo lugar unha rolda de prensa na que o presidente do Club Motoclista Teo, Casimiro García, dirixiu un acto que contou coa presenza do secretario xeral para o Deporte, Lete Lasa, e o alcalde de Teo, Rafael Sisto. A competición desenvolverase nas xornadas do sábado e do domingo en 12 seccións que van do paddock, situado na Piscina Cuberta da Ramallosa ata os montes de Lampai.

O CONCELLO EXECUTA OBRAS DE MANTEMENTO NOS CENTROS ESCOLARES ANTES DO INICIO DO CURSO

10-09-2015
A concellaría de Educación, dirixida por Salomé Beiroa, realizou obras de mantemento durante o verán nos centros escolares. A maior parte do investimento adicouse ao pintado de estancias, aulas e elementos comúns como o comedor, en varios centros. Tamén se fixeron tarefas menores de mantemento eléctrico ou de fontanería así como limpeza ou desbroces dos patios.

A SEGURIDADE VIARIA DAS ESTRADAS PROVINCIAIS CENTRA A XUNTANZA ENTRE O ALCALDE DE TEO E O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN

09-09-2015
A seguridade viaria nas estradas provinciais foi o tema central da xuntanza entre o alcalde de Teo, Rafael Sisto (Son de Teo-Anova) e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González. Ao encontro tamén asistiu a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus (PSOE).