O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

BENESTAR CONVOCA UNHA REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE O PROCESO DE ACCESO ÁS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS

| compartir:

O Departamento de Benestar, dirixido por Ignacio Iglesias, convoca unha reunión informativa sobre o acceso ás escolas infantís municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa. A xuntanza será mañá xoves 10 de marzo ás 19:30 horas no salón de plenos do Concello, na Ramallosa.

800x600  Este encontro está dirixido aos país, nais ou titores de nenos e nenas que queiran solicitar praza nas escolas infantís de cara ao próximo curso 2016/17. O prazo de solicitude para o novo ingreso estará aberto entre o 16 e o 31 de marzo e na xuntanza falarase do proceso de acceso ademais de solventar dúbidas.

 

Nesta primeira quincena de marzo, ata o día 15, está aberto o prazo para a reserva de praza, dirixido a nenos/as que xa están asistindo a algún dos centros municipais e queren manter a praza para o curso próximo. Neste caso os impresos de solicitude xa llos entregan nas escolas aínda que tamén se poden descargar da web municipal teo.gal ou recoller no Concello. É importante lembrar que nos dous casos, de reserva de praza e de novo ingreso, é necesario entregar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello dentro dos prazos habilitados.

 

As solicitudes de novo ingreso deben entregarse, dende o 16 de marzo, acompañadas da documentación identificativa e da declaración da renda. Ademais deberase achegar aquela xustificación de situación puntuables no baremo de acceso como a condición de familia numerosa, a discapacidade dalgún membro da unidade familiar ou a monoparentalidade.

 

Unha vez rematado o proceso, na segunda quincena de abril, publícanse as listaxes provisionais de admitidos/as que terán un prazo de reclamación ou subsanación. Calquera persoa interesada neste proceso pode ampliar información nos servizos sociais municipais en horario de 10:00 a 14:00 horas dende primeiros de marzo.

teo