O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CONCELLO ABRE O PRAZO DE NOVO INGRESO NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS ATA FINAIS DE MES

| compartir:

O Concello de Teo abre o prazo para as solicitudes de novo ingreso nas escolas infantís municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa. Trátase do acceso de nenos/as que non estean asistindo aos centros. O impreso que xa se pode descargar premendo aquí ou recoller nas oficinas municipais pode entregarse no Rexistro Xeral do Concello ata o 31 de marzo.

Dende Benestar lémbrase que entre os requisitos que deben cumprir os solicitantes está que o/a menor teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso no centro e non ter cumpridos os 3 anos a 31 de decembro do ano no que se solicita praza. Xunto coa solicitude hai que achegar documentación como a fotocopia do libro de familia, fotocopia do DNI dos dous membros parentais ou responsables legais e as declaracións da renda do exercicio anterior, ou certificado negativo relativo á obriga de efectuar declaración do IRPF no que se faga constar os ingresos das persoas responsables legais do/a menor. Pode haber outra documentación procedente para xustificar algunha das circunstancias que se teñen en conta para o baremo que non son obrigadas en todas as solicitudes. No impreso xa se especifican.

 

Unha vez rematado o proceso de solicitudes e despois da baremación publícanse unhas listaxes provisionais que terán un prazo de subsanación de erros ou documentación. Despois da publicación das listaxes definitivas abrirase o período de formalización da matrícula, que normalmente se realiza en xuño. Para máis información sobre este proceso as persoas interesadas poden achegarse aos servizos sociais en horario de 10:00 a 14:00 horas ata finais de marzo ou chamar ao teléfono do Concello 981 815 700.

 

Bolsas de ensino

 

Por outra banda nestes días tamén se publicou a listaxe de solicitantes de bolsas de ensino e/ou trasnporte que deben subsanar documentación. O prazo para facelo remata o 30 de marzo e no caso de non entregar a documentación que falta no Rexistro Xeral do Concello no prazo indicado entenderase desestimada a solicitude. Máis información sobre este procedemento premendo aquí

teo