O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CONCELLO PON EN MARCHA UN PROGRAMA DE APOIO A PERSOAS DESEMPREGADAS EN COLABORACIÓN CON ACCIÓN CONTRA EL HAMBRE

| compartir:

O Concello de Teo pon en marcha nestes días un programa de apoio a persoas desempregadas en colaboración con Acción contra el Hambre. Trátase do programa Vives Emprega, que se realiza por primeira vez en Galicia e ten como obxectivo axudar a 50 persoas desempregadas potenciando as súas competencias e habilidades para acceder ao mercado laboral.

O programa desenvolveraseen Teo e o único requisito para participar é non ter traballo. Coa axuda dunha coordinadora-facilitadora, persoa que lles guía e apoia, as persoas  participantes traballan en equipo, melloran as súas competencias para o emprego e atopan a motivación necesaria para a busca de traballo.

 

“Tratase dunha forma diferente de buscar emprego. Se ben unha parte do aprendizaxe para as persoas participantes de Vives Emprega é saber preparar un bo currículo ou facer unha boa entrevista, a meirande parte supón coñecer as súas potencialidades, saber que obxectivo queren acadar, motivarse e mellorar a autoestima. Con isto, xa teñen gran parte do camiño percorrido para atopar un traballo”, explica Mª de los Ángeles Rodiño Medrano, coordinadora e facilitadora do Vives Emprega Teo.

 

Cada equipo Vives Emprega, formado por 25 persoas, ten unha duración de cinco meses e consiste en sesión grupais (9 horas á semana) e personalizadas, contactos directos con empresas, participación en eventos de emprego e obradoiros con responsables de recursos humanos de empresas colaboradoras. Vives Emprega Teo abre agora o prazo de inscrición e o programa arrancará en abril.

 

As sesións de grupo realizaranse tres días á semana (horario aínda por definir) no Centro Sociocultural A Ramallosa. No resto dos días programaranse as sesións individuais, saídas e visitas a empresas, eventos de interese e actividades diversas.

 

Vives Emprega Teo está cofinanciado polo Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social 2014-2020 e o Concello de Teo. Acción contra el Hambre desenvolveu ata agora un total de 26 Vives Emprega en cidades como Madrid, Sevilla, Zaragoza ou Sant Boi de Llobregat. Case 900 persoas desempregadas pasaron por estes programas. O 52% xa está traballando,  o 29% retomaron estudos para mellorar a súa formación e todas elas melloraron as súas competencias.

 

Como participar no programa en Teo

 

As persoas interesadas deben dirixirse ao Centro Sociocultural A Ramallosa (R/Lagoa 2) en Teo e preguntar por Acción contra el Hambre ou contactar coa técnica responsable do programa: Mª de los Ángeles Rodiño a través de  Tlf. 629 563 058 / enderezo-e: marodino@accioncontraelhambre.org

teo