O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O SERVIZO DE ATENCIÓN PARA CONSULTAS DO CATASTRO ATENDERÁ O LUNS 21 E O MÉRCORES 23 EN HORARIO DE MAÑÁ

| compartir:

Dende o Concello de Teo infórmase que a semana próxima haberá unha atención específica para as consultas sobre a regularización catastral. O persoal da empresa contratada para este servizo atenderá o luns 21 e mércores 23 no salón de plenos en horario de 09:30 a 14:00 horas. Nestes días moitas das notificacións que están chegando da revision catastral impulsada dende Facenda, están en período de alegacións polo que se decidiu ampliar o horario de atención habitual.

Por outra parte os grupos que forman o goberno de Teo (Son de Teo-Anova e PSdeG-PSOE) presentarán unha moción no pleno de finais de marzo no que se rexeita o sistema, cálculo e contido da revisión dos valores catastrais impulsada polo Ministerio de Facenda, de quen depende a Dirección Xeral do Catastro. 

Nestes días están chegando as notificacións da chamada regularización catastral nas que de inicio se comunica a obriga de pagar unha taxa de 60 euros, unha actuación por parte do Ministerio de Facenda considerada abusiva dende o Concello de Teo.

 

Dende o goberno municipal enténdese que é de xustiza regularizar os valores catastrais para garantir a igualdade impositiva. Sen embargo a actuación do Catastro está penalizando traballos propios de mantemento e conservación das vivendas ou elementos indispensables no medio natural galego como almacéns cubertos, galiñeiros…

 

A moción propón rexeitar o cobro dos 60 euros xa que responden aos custos do proceso así como reclamar que a aplicación de conceptos se faga contando coa realidade galega.

teo