O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

UN 30% DAS CARTAS DA REGULARIZACIÓN CATASTRAL NON FORON ENTREGADAS POR PROBLEMAS NO ENDEREZO POSTAL

| compartir:

Nos últimos días dende Correos explicóuselle ao alcalde de Teo, Rafael Sisto, que hai unha porcentaxe das cartas que está enviando o Catastro nestes días pola regularización catastral que non foron entregadas. Non se puideron entregar por problemas co enderezo e a cifra pode superar os 1.000 envíos, xa que Correos o cifra nun 30% das cartas remitidas. 

Diante desta situación dende o Concello anímase a calquera persoa que non recibira notificación pero queira asegurarse de que non ten expediente de regularización aberto a que chame ao teléfono municipal 981 815 700. Dende aquí pódese comprobar polo nome do titular da finca ou inmoble se aparece no ficheiro enviado dende o Catastro. 

Por outra banda a atención presencial e específica para os temas de Catastro tamén se amplía para a vindeira semana. Os seguintes días de atencións son o mércores 23, o mércores 30 e o venres 1 de abril en horario de 09:30 horas a 14:00 horas no salón de plenos da Casa do Concello.

teo