O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

CONVÓCASE UN PLENO PARA A APROBACIÓN DO PAI 2016 COA PROPOSTA DE CONSTRUCIÓN DUN COLECTOR ENTRE ESPASANDE E ÍNSUA

| compartir:

A corporación teense reúnese mañá martes 15 de marzo en sesión extraordinaria. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada.

No pleno votarase a proposta da alcaldía de aprobación do Plan de Aforro e Investimento (PAI) 2016 que contempla o proxecto de obra do colector entre Espasande e A Ínsua (Luou) cun orzamento de 315.346 euros. Neste plan tamén se leva unha parte adicada a aminoración da débeda, no caso de Teo 68.000 euros. 

 

 

 

 

A orde do día ten os seguintes puntos:

 

  • Proposta da alcaldía de toma de coñecemento da renuncia de Dª Mª Salomé Beiroa Fernández como concelleira.
  • Ditame da proposta da alcaldía de aprobación do Plan de Aforro e Investimento (PAI 2016).
teo