UN ERRO NA LIQUIDACIÓN DO EXERCICIO DO 2015 OBRIGA AO CONCELLO A REALIZAR UN PEF

28-10-2016
O Concello de Teo deberá realizar un Plan Económico Financeiro (PEF) diante da petición da Dirección Xeral de Política Financeira da Xunta de Galicia. Segundo explica o alcalde de Teo, Rafael Sisto, o informe de intervención en base ao que se aproba a liquidación do orzamento do 2015 tiña un erro no cálculo do teito de gasto derivado de aplicar un coeficiente equivocado.

TEO SÚMASE Á CAMPAÑA "EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA" QUE TINGUIRÁ DE NEGRO OS ESCAPARATES DOS ESTABLECEMENTOS

27-10-2016
O Concelleiro de Benestar e Igualdade de Teo, Ignacio Iglesias, participou onte na presentación en Santiago da campaña "En negro contra a violencia de xénero", que este ano realizarán 15 concellos de todas as provincias. Con esta iniciativa "trátase de facer partícipe á sociedade teense dos actos contra esta lacra" explica o edil.

A CÁMARA DE COMERCIO ORGANIZA EN COLABORACIÓN CO CONCELLO UN OBRADOIRO DIRIXIDO Á MOCIDADE QUE BUSCA EMPREGO

26-10-2016

A Cámara de Comercio de Compostela en colaboración co Concello organiza en Teo un obradoiro gratuíto dirixido á mocidade que se atope en búsqueda de emprego baixo o título "Deseña o teu futuro: atrévete". Será o luns 17 de outubro de 10:00 a 14:00 horas no salón de plenos municipal, na Ramallosa, e para inscribirse hai que facelo premendo aquí


O CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE TEO APROBA UNHA MOCIÓN QUE REXEITA AS REVÁLIDAS DE 4º DA ESO E 2º DE BACHARELATO

26-10-2016
O Consello Escolar Municipal do Concello de Teo acordou, nunha sesión celebrada onte 25 de outubro, aprobar unha moción de rexeitamento das reválidas de 4º da ESO e 2º de Bacharelato . No acordo, que se adoptou por unanimidade, solicítase a paralización das citadas probas ademáis de pedir a derrogación da LOMCE no Congreso dos Deputados.


O CONCELLO LAMENTA O PECHE TEMPORAL DO TANATORIO DE LUOU POR UN TEMA XUDICIAL

25-10-2016
O Concello de Teo lamenta o peche temporal do tanatorio de Luou que se comunicou hoxe mesmo á Agrupación Veciñal Camposanto de Luou en cumprimento dunha sentenza baseada na derrogada lei de policía mortuoria que impedía que a 50 metros dun cemiterio se puidera construír nada. Diante desta sentenza xa se incoou un incidente de inexecución que permita poder reabrir a instalación.

O GOBERNO MUNICIPAL LEVA A PLENO UN ORGANIGRAMA ADMINISTRATIVO MUNICIPAL

25-10-2016
corporación teense reúnese este xoves 27 de outubro en sesión ordinaria. O debate terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada da mesma.

O Concello de Teo presenta o programa apego, dirixido a contribuír na transmisión do galego en familias con nenos e nenas ata 6 anos

12-10-2016

O alcalde de Teo, Rafael Sisto, xunto coa concelleira de Cultura e Educación, Pilar Faxil, presentaron o programa Apego no Concello de Teo e entregaron a primeira “caixa-regalo” de benvida ao proxecto.


O CONCELLO DE TEO PRESENTA O PROGRAMA APEGO, DIRIXIDO A CONTRIBUÍR NA TRANSMISIÓN DO GALEGO EN FAMILIAS CON NENOS E NENAS ATA 6 ANOS

11-10-2016
O alcalde de Teo, Rafael Sisto, xunto coa concelleira de Cultura e Educación, Pilar Faxil, presentaron o programa Apego no Concello de Teo e entregaron a primeira “caixa-regalo” de benvida ao proxecto.