O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

SES pechará a xornada festiva do Festeo

| compartir:

O Festeo e a Feira da terra, que se celebran este domingo 10 de xuño na carballeira de Francos, terá un peche de luxo co concerto de SES ás 20:30 horas. A cantautora chega a Teo dentro da xira do seu novo disco ´Readmirando a condición". Neste traballo, que é o seu quinto disco SES volve gravar, musicar e arranxar o seu primeiro disco, ‘Admirando a condición’, que publicara en 2011. Este novo CD inclúe ademais un tema inédito -e homónimo- que xa se pode escoitar nas redes.

“Readmirando a condición” está composto por doce temas, dos cales once corresponden ao seu primeiro álbum, que contiña éxitos como Tempestades de sal ou Non son fada. Desta volta, a cantora dálle un son máis SES ao seu disco de debut, convertendo aqueles temas nun son -en moitos casos- totalmente diferente, cunha sonoridade máis potente. Estas once cancións foron gravadas desde cero e producidas e arranxadas por ela mesma mesma, a diferenza do primeiro disco.

Todas as actividades do Festeo e da Feira da Terra son de balde.

Podes consultar a información sobre a programación do Festeo e a Feira da Terra premendo aquí

Ses

Arquivos descargables

Attachment Size
programacion_festeo.pdf 5.82 MB