O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Os Bolechas e o amigo Monte chegan a Teo

| compartir:

O Concello de Teo, como entidade pertencente á Rede de Dinamización Lingüística, convídate este sábado 23 de xuño, ás 12 h no Auditorio Constante Liste, a unha nova e divertida aventura dos Bolechas, que servirá, ademais de para pasalo ben, para mostrarlles aos máis pequenos a importancia de coidarmos o monte e a maneira de facelo, iniciándoos na prevención dos incendios forestais.

 

O obxectivo é fomentar, canda a educación ecolóxica dos cativos e cativas, a súa participación en galego na resolución do conflito proposto no guión. Para iso, Os Bolechas solicitarán a intervención do público en probas de habilidade axeitadas para rapaces de 3 a 9 anos e establecerán un diálogo cos nenos e nenas acerca do monte, da súa fauna e da súa flora.

 

Para que a actividade de dinamización lingüística teña continuidade máis alá do día do espectáculo, os e as asistentes a el obterán unha palabra clave que lles permitirá acceder ao web www.osbolechas.gal/amigomonte/, onde atoparán diversos contidos (xogos, diplomas, unidades didácticas...) e poderán participar en sorteos de lotes de libros.

A entrada ao espectáculo será libre ata completar o aforo por orde de chegada á sala.

Concerto de Magín Blanco

Por outra banda o venres 22 ás 19:00 horas no Auditorio Municipal Constante Liste na Ramallosa temos concerto de Magín Blanco e a banda das apertas. Trátase dunha actividade indicada para un público familiar. É de balde ata completar aforo.

 

bolechas