O pleno votará unha proposta para traballar na municipalización das escolas infantís

26-06-2018
escolas infantís

A corporación teense reúnese este mércores 27 de xuño nunha sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal.

Un dos principais tema de debate será a proposta na que se manifesta a vontade de asumir a xestión directa das escolas infantís municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa que ata o momento están xestionadas a través dunha concesión.

Tamén se falará da modificación da ordenanza fiscal do IBI no que se propón unha reducción do gravame do 0,55 ao 0,54 para minimizar o impacto da nova ponencia de valores realizada por Catastro. Máis información premendo aquí

A orde do día ten os seguintes puntos:

  1.  Aprobación da acta da sesión do 30.05.18
  2. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 422/18 á 520/18)
  3. Dar conta do cumprimento do artigo 104 bis da lei 7/1985, do 2 de abril, en relación co persoal eventual.
  4. Dar conta do informe de intervención sobre o cumprimento dos prazos de pago, 1º trimestre 2018.
  5. Ditame da proposta da alcaldía de modificación da ordenanza fiscal do IBI.
  6. Ditame da proposta da alcaldía de modificación da taxa por abastecemento de auga, sumidoiros e depuración.
  7. Ditame da proposta da alcaldía de xestión directa das escolas infantís muncipais.
  8. Mocións.
  9. Rogos e preguntas.