O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello pon en marcha unha nova edición do Vives emprega

| compartir:

O Concello de Teo pon en marcha unha nova edición do programa Vives emprega para axudar ás persoas desempregadas a buscar unha opción laboral. Esta é xa a quinta edición dun programa polo que pasaron máis de 96 persoas do Concello. Esta actividade faise en colaboración coa entidade Acción contra el Hambre.

Para participar tes que ter entre 18 e 60 anos e estar buscando emprego. A actividade é gratuíta e desenvolverase dende o mes de xullo ao de novembro na Casa Común de Oza. Durante o mes de agosto non haberá sesións de traballo. O Vives emprega traballa en potenciar as competencias dos/as participantes, recuperar a súa motivación e activar o seu talento.

Durante os meses de traballo haberá sesións grupais tres días á semana en horario de mañá ademais de sesións individuais de asesoramento. Tamén se acudirá a eventos e foros de emprgo e faranse contactos con empresas.

Nestes días estanse facendo sesións de selección de candidatos/as e aínda está aberta a posibilidade de participar no programa.

Como participar

Para facer a túa preinscripción tes que premer na seguinte ligazón e cubrir o formulario:

https://goo.gl/forms/1BzifENhZO14OnCT2

Para amosar o teu interes en participar neste programa tamén podes chamar ao 629 563 058 ou enviar un correo electrónico a marodino@accioncontraelhambre.org

sesion vives emprega

Arquivos descargables

Attachment Size
Cartel_emprega_Teo_5.jpg 6.03 MB