O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Ministerio de Facenda abre un prazo de dez días para alegar a unha nova ponencia de valores

| compartir:

O BOP número 108 do 8 de xuño publica un anuncio da Xerencia do Catastro en Galicia, dependente do ata agora Ministerio de Economía e Facenda, sobre a audiencia previa aprobación da ponencia de valores de Teo. No citado anuncio ábrese un prazo de alegacións de dez días hábiles que comezan o 11 de xuño e rematan o 22 de xuño.

O expediente que se somete a exposición pública refírese ás delimitacións do solo, polo que non reflicte valores de parcelas concretas. O proceso de aprobación dunha nova ponencia de valores requerirá dunha comunicación posterior directa a cada un dos propietarios.

O anuncio informa da apertura do trámite de audiencia previa correspondente ao procecemento de aprobación da ponencia de valores total dos bens inmobles urbanos do Concello d eTeo. O expediente pódese consultar durante o prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no BOP, de luns a venres, dentro do horario ordinario de atención ao público, na xerencia do catastro, no seguinte enderezo: Comandante Fontanes, 7, da Coruña, a fin de que, nese mesmo prazo os interesados poidan formular alegacións.

 

 

catastro