O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello presenta a campaña de seguridade viaria realizada pola rapazada de Teo

| compartir:

O Consello local da infancia e adolescencia (CLIA) de Teo presenta este venres 15 a campaña de seguridade viaria elaborada nos últimos meses por rapaces e rapazas de Teo. A presentación farase nun acto público no salón de plenos o 15 de xuño ás 18:30. Durante o mesmo poderanse visionar os anuncios realizados polos nenos e nenas de Teo para fomentar a seguridade viaria nas rúas de Teo.

Cando se constituíu o CLIA  de Teo en febreiro debatíronse as propostas que máis lle interesaban e preocupaban a este colectivo de teenses. Un destes temas foi a preocupación pola seguridade viaria centrada na necesidade de reducir a velocidade dos vehículos. Desta primeira reunión do CLIA xorde a iniciativa de facer unha campaña audiovisual para visibilizar este problema e concienciar á cidadanía.

Dende abril unha comisión de seguridade viaria integrada por nenos e nenas de Teo co apoio de persoal do Departamento de Benestar elaboraron os guións e traballaron na realización dos anuncios. Agora chega o momento de ver as pezas audiovisuais e poder compartilas. O lema da campaña é "O podio da seguridade viaria é o noso maior reto".

segurida viaria