O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O pleno votará a aprobación da memoria sobre a xestión directas das escolas infantís municipais

| compartir:

A corporación teense reúnese este xoves 26 de xullo nunha sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal.

Un dos puntos principais do pleno avanzará na tramitación para asumir a xestión directa das escolas infantís municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa. Concretamente lévase a pleno a aprobacion da memoria sobre a viabilidade da xestión directa do servizo de escolas infantís municipais e estudo de custos que elaborau unha comisíon político-técnica nas últimas semanas.

A orde do día ten os seguintes puntos:

  1. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 521/18 á 601/18)
  2. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación de convenio de colaboración entre os Concellos de Teo e Ames co obxecto de regular a porcentaxe de participación de cada Concello nos custes de xestión da EDAR de Calo-Milladoiro.
  3. Ditame da proposta da alcaldía sobre segunda modificación da ordenanza reguladora do prezo público pola utilización do servizo de escolas infantís municipais.
  4. Ditame da proposta da alcaldía sobre a aprobación do plan integral da infancia e adolescencia 2018-2021
  5. Ditame da proposta da alcaldía sobre modificación do regulamento de organización e funcionamento das escolas infantís municipais do Concello de Teo.
  6. Proposición da alcaldía de aprobación inicial da memoria sobre a viabilidade da xestión directa do servizo de escolas infantís municipais e estudo de custos.
  7. Mocións
  8. Rogos e preguntas
pleno