Cinco colexios electorais cambian a súa ubicación para as eleccións do 12 de xullo

23-06-2020

As eleccións ao Parlamento Galego deste 12 de xullo traen cambios de ubicación en varios colexios electorais do Concello. As necesidades derivadas da crise sanitaria da Covid-19 obrigan a cambiar algúns locais para poder garantir condicións de espazo suficiente para a distancia social así como entradas e saídas diferenciadas nos distintos colexios. Trátase de garantir que nesa xornada o fluxo de xente se realicen sen risco para a saúde. 

Os cambios en Teo son os seguintes. 

Distrito: 01. Sección:001. Mesas: A e B. 



A Banda EcoTeo, do CEIP A Ramallosa, coa EcoRegueifa, entre as premiadas do Enregueifate 2020

22-06-2020

O Enreguéifate anunciou hoxe mesmo nas súas redes sociais cales son os vídeos premiados na edición deste ano, que se desenvolveu do xeito habitual malia a situación de confinamento producida por mor do COVID-19. Neste senso, a organización do certame transmitiu “a súa gratitude pola alta participación” dadas as circunstancias, xa que se recibiron un total de 27 vídeos a concurso, 16 na categoría escolar e 11 na xeral.



Benestar publica as listaxes provisionais das escolas infantís municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa

19-06-2020

Benestar publica as listaxes provisionais de solicitudes admitidas para a adxudicación de prazas nas escolas infantís municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa. Podes consultar as listaxes publicadas premendo aquí. Estas listaxes teñen o carácter de provisionais polo que se abre un prazo para reclamacións. Este prazo ábrese o sábado 20 de xuño e remata o mércores 24 de xuño (ambos incluídos).


A piscina descuberta de Luou abre o 22 de xuño

18-06-2020

A piscina descuberta municipal de Luou abre o luns 22 de xuño. Por outra banda a piscina dos Tilos non poderá abrir polo momento xa que os servizos técnicos teñen detectado un problema no sistema de depuración e o arranxo tardará uns días. Polo momento non hai data de apertura confirmada polo que informaremos no seu momento, cando o problema estea arranxado. 


O Concello abrirá varios parques infantís

18-06-2020

O Concello de Teo abrirá o luns 22 varios parques infantís e pistas deportivas con información sobre o aforo de cada unha das instalacións e un recordatorio das medidas de de prevención que os/as usuarios/as deben manter neste período da nova normalidade. 

Os parques infantís que se van abrir son os seguintes: Os Tilos, Montouto, Calo, A Ramallosa e Reis. As áreas deportivas que se poden usar dende o luns 22 sen reserva previa son: Calo, Montouto e Os Tilos. Nestes casos farase unha desinfección diaria. 


AUTOCINE: Unha cultura alternativa segura para coidarnos neste tempo

13-06-2020

Dende a Concellería de Cultura, Educación, Administración e Relacións Veciñais ofértase un programa cultural de Autocine polas parroquias. O autocine é unha proposta cultural alternativa e segura nestes tempos que vivimos, onde podemos ir nos nosos coches e sen saír deles, mirar o filme e sintonizar a radio manualmente para poder escoitalo, ao máis puro estilo americano. 


Remata o prazo de inscrición para os campamentos de verán municipais

10-06-2020

A Concellaría de Mocidade informa do remate do prazo de inscrición para os campamentos de verán municipais que todos os anos se ofertan para dous grupos diferenciados, infantil e xuvenil, nunha zona da costa galega. Este ano celebraranse en agosto en Santa Cruz de Oleiros. O prazo para anotarse remata o xoves 25 de xuño.