Turismo programa visitas teatralizadas nas rutas da Batalla de Cacheiras e na ruta de Lampai
30-06-2022A Concellaría de Turismo segue apostando polo formato de visitas teatralizadas para este verán coa xa consolidada Ruta da Batalla de Cacheiras, un percorrido de 9 Km dende Bamonde a Montouto onde a compañía teatral Os Quinquilláns achegan, en diferentes paradas, a historia acontecida no noso territorio o 23 de abril de 1846 con rigor e humor.