O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

O Concello licita o contrato para o afirmado e acondicionamento do viario municipal en Vilar de Calo

| compartir:

O Concello licita o contrato para o afirmado e acondicionamento do viario municipal en Vilar de Calo, a través do Plan Camiña Rural 2025-2026 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). 

Así, o contrato sale por un importe de 62.981,29 euros por un período de 2 meses. Os interesados teñen toda a información na Plataforma de Contratación do Sector Público e poderán presentar as ofertas ata o vindeiro 17 de xullo. 

O deterioro deste viario é consecuencia da antigüidade do último pavimento realizado polo Concello, así como das inclemencias meteorolóxicas e o desgaste ocasionado polo propio uso do mesmo, polo tráfico de vehículos diario que discorre por él.

De feito, as zonas de actuación presentan graves deficiencias en canto ao acabado superficial do pavimento da calzada e das gabias. Trátase de tramos de viario de titularidade municipal con acabado superficial en regos asfálticos, con escasas o nulas inversións de mantemento e con moitos anos de antigüidade. A data de hoxe, atópanse deficiencias que impiden o seu correcto funcionamento, tales como descarnaduras, fendas e fochancas distribuídas de maneira xeneralizada pola súa superficie.

As actuacións previstas neste proxecto pretenden resolver o deficitario estado de conservación dos pavimentos da calzada, posto que o seu lamentable estado repercute nun grave prexuízo no uso destas infraestruturas pola veciñanza. 

Así, as obras previstas consistirán fundamentalmente na mellora da capa de rodamento deste viario. Procederase á limpeza de gabias e ao reasfaltado da calzada mediante aglomerado asfáltico, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes. Trátase dun tramo cunha lonxitude total duns 932 metros, con anchuras variables, e unha superficie total a aglomerar de 3.895 m2. Finalmente procederase, en ambos casos, á sinalización horizontal e vertical con pintado de liñas en bordes e colocación de sinais. 

foto