A Xunta Local de Seguridade de Teo traballa na coordinación de medios orientada á prevención de delitos

21-12-2018

A Xunta Local de Seguridade de Teo reuniuse esta mañá coa presenza da Subdelegada do Goberno Pilar López-Riobóo e o alcalde de Teo, Rafael Sisto. Un dos temas centrais dos que se falou foi do descenso dos roubos nas zonas residencias do Concello. Segundo os datos aportados pola Subdelegación no que vai de ano téñense contabilizado 20 roubos menos en vivendas, o que supón unha rebaixa do 35%.



As corais do Concello participan no Cantateo

15-12-2018

O domingo 16 celébrase unha nova edición do Cantateo, o encontro de voces corais do Concello. Este ano esta cita anual reúne no Auditorio Municipal Constante Liste as seguintes formacións: a Coral A.C. Cruceiro do Monte, o Coro de San Miguel de Rariz, a Coral San Simón de Cacheiras, o Grupo de Canto Aleceia dos Tilos e a Coral Polifónica de Luou.

O Cantateo comeza ás 17:30 horas e a entrada é de balde. Nesta edición contaremos coa cantante Loli Nogueira que presentará o acto e cantará varias pezas.


Premiados no Concurso de Postais de Nadal en Teo

12-12-2018

O xurado do Concurso de Postais de Nadal en Teo 2018, presidido pola fotógrafa Fátima Seijo Martínez publicou os premiados no devandito concurso.Os membros do xurado coincidiron no agradecemento ó profesorado dos centros de ensino do concello pola colaboración e en salientar a "calidade dos traballos presentados."

CATEGORÍA A: EDUCACIÓN INFANTIL (de 0 a 6 anos)

1º premio: CANDELA ROMERO VEGA - Escola de Recesende (CRA) 6º Infantil

2º premio: RODRIGO CERVIÑO DIZ - CEIP A Ramallosa. 4º Infantil




Teo recolle en Oviedo o recoñecemento de Cidade Amiga da Infancia

27-11-2018

Ignacio Iglesias, concelleiro de Benestar, recolleu esta mañá en Oviedo o recoñecemento outorgado ao Concello de Teo por parte de Unicef como Cidade Amiga da Infancia. No acto estivo acompañado da técnica do departamento, Eva López. Esta distinción recoñece o traballo realizado polo Concello e centralizado na área de Benestar coa mocidade e a infancia do municipio.
 


O Concello oferta un curso de edición fotográfica e outro de edición de son

27-11-2018

O Espazo de Traballo Colaborativo de Solláns acollerá en decembro un curso de edifición fotográfica e outro de gravación e edición de son.

O curso de fotografía será do 10 ao 14 de decembro e o de gravación e edición de son prográmase do 17 ao 21 de decembro. Nos dous casos serán de 17:30 a 20:00 horas. O derradeiro día rematan media hora antes.