O Concello convoca unha reunión en Calo sobre unha planta de reciclaxe na Casalonga

12-05-2018

Dende o Concello o equipo de goberno acordou convocar unha xuntanza informativa sobre o proxecto presentado pola empresa Toysal para instalar unha planta de reciclaxe de residuos na Casalonga. A asemblea será o martes 15 de maio ás 20:30 horas na Casa Común de Francos. 

A intención da compañía é instalar unha planta para procesar lodos de depuradoras e cetáreas, residuos animais e outros. Estaría situada na antiga canteira de Carballal, na Casalonga. 


O Concello publica a lista de subsanación das bolsas de ensino e transporte

04-05-2018

O Concello publica a lista de subsanación das solicitudes de bolsas de ensino e transporte deste curso 2017/18. O prazo para subsanar remata o 15 de maio e as persoas que deben facelo deben entregar en prazo a súa xustificación documental no Rexistro Xeral do Concello.

Consulta aquí a listaxe completa das solicitudes que deben subsanar


Avanzan os traballos de creación do parque Compostela Rupestre no que participa Teo

03-05-2018

A concelleira de Cultura, Pilar Faxil, participou nunha xuntanza en Santiago co deputado de Turismo e Patrimonio da Deputación, Xosé Regueira,e con representantes dos concellos de Ames, Val do Dubra, Brión e Santiago de Compostela para avanzar no desenvolvemento do proxecto de parque arqueolóxico Compostela Rupestre.




Publícanse as listas provisionais dos seis procesos selectivos abertos

30-04-2018

O Concello publica as listas provisionais dos procesos selectivos de seis vacantes de persoal convocados en marzo: técnico/a de recursos humanos; técnico/a informático/a; bibliotecario/a; traballador/a social; conserxe-enterrador e tractorista. As listas provisionais de persoas admitidas e excluídas aprobáronse por resolución da alcaldía. 


O Concello valora positivamente a sentenza sobre a xestión da auga

25-04-2018

O alcalde de Teo, Rafael Sisto, valora "moi positivamente a sentenza do xulgado contencioso/administrativo número 1 de Santiago na que se validan os criterios utilizados pola intervención municipal na liquidación do contrato de Aquagest". Esta primeira sentenza xudicial "deixa un saldo positivo a favor do Concello respecto da reclamación da antiga concesionaria e reforza a idea de que a decisión de realizar unha xestión directa do servizo de auga é positiva e máis rendible para o Concello ca concesión".



Máis de 700 persoas participarán en Teo na carreira Batalla de Cacheiras

20-04-2018

A carreira popular Batalla de Cacheiras, que se celebra mañá 21 de abril en Teo, supérase cada ano. Nesta edición contamos con 612 inscritos para a carreira e máis de 100 persoas anotadas na andaina. Máis de 700 persoas reuniranse ao redor do deporte nunha cita que lembra os feitos históricos da batalla de Cacheiras, o 23 de abril de 1846. 


Os escolares dos Tilos visitaron o Concello

17-04-2018

Esta mañá o Concello recibiu unha visita moi especial. Un grupo de escolares de sete e oito anos do CEIP dos Tilos visitaron as instalacións municipais. Esta actividade forma parte das actividades que se organizan dende a Concellería de Educación en colaboración cos centros escolares para que os/as nenos/as teense coñezan mellor o seu entorno e os centros administrativos locais.