O GRUPO DE GOBERNO TEENSE INICIA UNHA ROLDA DE XUNTANZAS COA VECIÑANZA COA QUE VISITARÁ TODAS AS PARROQUIAS

12-04-2016
O grupo de goberno de Teo, integrado por SondeTeo-Anova e o PSdeG-PSOE, comeza esta semana unha serie de xuntanzas coa veciñanza que os levarán a percorrer todas as parroquias teenses. Esta iniciativa pretende manterse no tempo e non circunscribilo a unha actividade puntual, establecendo deste xeito un contacto directo coa cidadanía.

O CONCELLO LICITA O CONCURSO PÚBLICO DE COMPAÑÍA RESIDENTE DE TEO

12-04-2016
O Concello de Teo vén de publicar o concurso público para o servizo de residencia teatral no Centro Sociocultural da Ramallosa. Desde xeito, ábrese o período de licitación, polo que o Concello busca a contratación do servizo de dinamización e produción teatral. O prazo de presentación de propostas remata o 28 de abril. A adxudicación do contrato farase por procedemento aberto e tramitación ordinaria, polo que tódolos/as empresarios/as interesados/as poderán presentar unha proposición. Para a adxudicación, teranse en conta varios criterios de valoración como a calidade das actividades propostas pola empresa para desenvolver anualmente, por implicar á comunidade local ou os méritos da propia compañía.

O CONCELLO ASINA A SÚA ENTRADA NO PROGRAMA APEGO

11-04-2016
pasado sábado, A Coruña foi testemuña da adhesión de 11 novos concellos ao programa Apego, entre os que se atopa o Concello de Teo. O alcalde de Teo, Rafael Sisto, foi o encargado de reflectir coa súa firma a entrada do concello neste porgrama, desenvolvido polo Departamento de Política Lingüistica. Deste xeito, súmase así aos 12 concellos que hai un ano iniciarion este proxecto, co que se quere “poner en valor a transmisión da lingua galega” nos nenos e nenas de entre 0 e 6 anos, “con apoio, información, recursos ou programación de actividades”.

O PRIMEIRO GRUPO DE TRABALLO DO "VIVES EMPLEA" ARRANCA EN TEO ESTA SEMANA

11-04-2016
O vindeiro mércores, 13 de abril, a partir dás 10:00 horas comezará no Salón de Plenos do Concello o primeiro grupo de traballo do proxecto “Vives Emplea”. Esta iniciativa nace dun convenio de colaboración entre o Concello e a entidade Acción contra el Hambre. Na presentación estarán o Alcalde de Teo, Rafael Sisto, o Concelleiro de Benestar Social, Ignacio Iglesias e a xestora de programas de inclusión socio laboral en Galicia de Acción contra el Hambre, Susana Quintas.

O CONCELLO LAMENTA QUE AS MODIFICACIÓNS NORMATIVAS DA XUNTA DE GALICIA ABRAN A PORTA Á INSTALACIÓN DUNHA PIROTECNIA EN TEO

08-04-2016
O alcalde de Teo, Rafael Sisto (Son de Teo-Anova), e a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus (PSdeG-PSOE), compareceron esta mañá para lamentar que as sucesivas modificacións normativas da Xunta de Galicia nos usos do solo rústico abren a porta á instalación dunha pirotecnia en Teo. Segundo explicou o rexedor “a nova lei do solo de Galicia liberaliza os usos do solo rústico”. Pola súa banda a concelleira socialista destacou que segundo a Xunta “unha pirotecnia non se pode instalar en solo industrial pola súa perigosidade pero si en solo rústico sen ter en conta a dispersión poboacional do rural galego”.

AS ANPAS CELEBRAN MAÑÁ UN OBRADOIRO SOBRE INTELIXENCIA EMOCIONAL PARA AS FAMILIAS

07-04-2016
Mañá venres 8 de abril ás 19:00 horas terá lugar un obradoiro sobre intelixencia emocional dirixido ás familias na Casa Común dos Tilos. Con esta xornada formativa, impartida pola psicóloga e nai Ana Couto e desenvolvida polas ANPAs da Rabadela (CEIP A Igrexa-Calo), Cobas (CEIP Os Tilos), Río Tella (CEIP A Ramallosa) e A Cantoñeira (CRA de Teo), quérese axudar aos pais e nais a entrar no mundo das emocións dos seus fillos e fillas, utilizando a intelixencia emocional, unha capacidade que nos permite coñecer e manexar os nosos sentimentos e os dos demais con eficiencia.

O CONCELLO ÚNESE AO PROGRAMA APEGO

06-04-2016
O Concello de Teo asinará o vindeiro sábado 9 de abril a súa adhesión ao programa Apego nun acto que se celebrará a partir das 12:00 horas no Centro Ágora da Coruña, no que participará o alcalde de Teo, Rafael Sisto, responsable de normalización lingüística do Concello. Tras a sinatura da addenda, explicarase o proxecto e intervirán os representantes dos concellos da Coruña, Negreira, Muros, Moaña e A Baña. O encontro finalizará cun concerto de balde e libre asistencia de “Arrolos de salitre”, con Xabier Díaz e Guille Fernández.

O CONCELLO CELEBRARÁ O VINDEIRO 9 DE ABRIL O I FORO DA MOCIDADE

05-04-2016
ende o Departamento de Mocidade do Concello de Teo, dirixido por Ignacio Iglesias, quérese lembrar a celebración este sábado do I Foro da Mocidade , enfocado a persoas de entre 16 e 25 anos. Con esta iniciativa búscase a participación da xuventude de Teo, co obxectivo de que sexan os mesmos mozos/as os que se impliquen de cheo no “deseño da programación específica para a mocidade de cara ao curso 2016/17”, segundo explicou o concelleiro Ignacio Iglesias na presentación do proxecto. Deste xeito, levarase a cabo unha participación activa nos planos cultural, deportivo, social e formativo do Concello, coa que conformar un plan de acción para os próximos anos.

O PLENO DO CONCELLO VOTA O ORZAMENTO MUNICIPAL, QUE SUPERA OS 13 MILLÓNS DE EUROS

30-03-2016
A corporación teense reúnese este xoves 31 de marzo en sesión ordinaria. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada.