O prazo de inscrición no Diverteo Nadal remata o 22 de novembro

12-11-2018
pezas

O Concello publica a convocatoria do Diverteo Nadal que este ano funcionará entre os días 24 de decembro de 2018 e 7 de xaneiro de 2019. Este servizo está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos escolarizados con preferencia para os/as empadroados/as en Teo e busca fomentar a conciliación familiar e laboral. O Diverteo realízase nas instalacións dos CEIPs de Calo, Os Tilos e A Ramallosa.

O prazo de inscrición está aberto do 8 ao 22 de novembro (ambos incluídos) e para anotarse hai que entregar a ficha de inscrición debidamente cuberta no Rexistro do Concello. O horario do servizo completo é de 07:30 horas ata as 15:30 horas con comedor e de 07:30 horas a 14:00 horas sen xantar. O prezo do programa é completo, non por días soltos. O servizo custa 9 euros sendo a atención educativa 5 euros, o almorzo 0,50 euros e o xantar 3,5 euros.

A listaxe provisional de admitidas/os publicarase a partir do  27 de novembro na páxina webwww.teo.gal) e no taboleiro do concello.

O pagamento hai que facelo entre o 28 de novembro e o 10 de decembro. O comprobante de pagamento pode entregarse no Concello ata o 11 de decembro. Se non se entrega o xustificante perderase o dereiro á praza. O 14 de decembro publicarase a lista definitiva e farase chamamento a lista de agarda.

Este programa está subvencionado pola Xunta de Galicia e pola Unión Europea.

Máis información sobre a convocatoria do Diverteo Nadal premendo aquí