
A corporación teense reúnese este mércores 31 de outubro na sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal.
Na sesión debateranse varias mocións sobre a necesidade de que a Xunta active a concentración parcelaria en Teo, o apoio ás persoas denunciadas por reclamar a devolución do pazo de Meirás ou a defensa da calidade e independencia dos medios públicos.
A orde do día é a seguinte:
- Aprobación das actas das sesións do 22.08.18 e do 26.09.18.
- Dar conta das resolucións da alcaldía (da 775/18 á 856/18).
- Dar conta do informe de intervención sobre o cumprimento dos prazos de pago, 3º trimestre.
- Ratificación do decreto da alcaldía do 31/08/2018 sobre subrogación dunha traballadora do EIM dos Tilos.
- Ditame da moción do grupo mixto en apoio ás persoas denunciadas por reclamar a devolución do pazo de Meirás ao pobo galego.
- Ditame da moción do grupo municipal Son de Teo-Anova sobre a defensa da calidade e independencia dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia.
- Ditame da moción do grupo mixto para solicitar á Xunta a activación da concentración parcelaria no Concello de Teo.
- Mocións.
- Rogos e preguntas.