O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O pleno de novembro contará coa comparecencia do concelleiro de Servizos Básicos

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 27 na sesión ordinaria de novembro. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal.

Ademais de votar varias mocións do BNG tamén se realiza a comparecencia do concelleiro Xurxo Francos en relación coas lombas en diferentes vías do Concello.

A orde do día completa ten os seguintes puntos:

  1. Aprobación da acta da sesión do 31.10.18
  2. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 857/18 á 985/18)
  3. Comparecencia do concelleiro de Servizos Básicos en relación coas lombas en diferentes vías do Concello
  4. Ditame da moción do grupo mixto relativa ao sector eléctrico
  5. Ditame da moción do grupo mixto sobre a reivindicación do 25 de novembro e a necesidade de meirandes recursos no ámbito local e xudicial para loitar contra a violencia machista.
  6. Mocións
  7. Rogos e preguntas
pleno