O CONCELLO DE TEO ESTUDA VÍAS DE COLABORACIÓN CO COLEXIO DE ENXEÑEIROS INDUSTRIAIS

01-09-2015
O alcalde de Teo, Rafael Sisto (Anova), e a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus (PSOE), mantiveron esta mañá un encontro co delegado en Santiago do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), Fernando Blanco. Durante esta xuntanza na Casa do Concello exploráronse vías de colaboración entre as dúas entidades.

AS ESCOLAS DEPORTIVAS E AS ESCOLAS CULTURAIS ABREN O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO 2015-16

31-08-2015
Arredor de 500 usuarios e usuarias participaron nas actividades deportivas e arredor de 100 nas culturais na edición pasada. O éxito de participación en todas as actividades fai que neste curso se manteña a mesma oferta ca na anterior edición. O prazo de preinscrición está establecido entre o 1 e o 16 de setembro e realizarase por orde de entrada no Rexistro do Concello.

O PLENO DO CONCELLO DEBATE A SUSPENSIÓN DOS INCENTIVOS Á XUBILACIÓN POLA IMPOSIBILIDADE DE REPOÑER PERSOAL

29-08-2015
A corporación teense reúnese este luns 31 de agosto en sesión extraordinaria. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, nesta ocasión ás 20:30 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada.

O 1 DE SETEMBRO INICIA O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA XVIII LIGA DE FÚTBOL SALA E PARA SOLICITAR OS PAVILLÓNS DEPORTIVOS MUNICIPAIS

28-08-2015
Os equipos que desexen participar na XV Liga de Fútbol Sala Concello de Teo teñen de prazo ata o vindeiro 18 de setembro para formalizar a inscrición nesta competición. O Concello de Teo abre tamén un prazo de tempo para solicitar o uso dos pavillóns municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa durante o período comprendido entre 1 de outubro ao 31 de maio.

A ANDAINA TEENSE DO PROGRAMA GOZA DO ULLA ESTE ANO FARÁ UN PERCORRIDO ENTRE AS PONTES DE CAXADE E DE PONTEVEA

23-08-2015
A andaina teense do programa Goza do Ulla este ano, que se fará o 27 de setembro, fará un percorrido entre as pontes de Caxade e de Pontevea, dúas das máis significativas do Concello. As persoas interesadas en participar xa se poden anotar entregando a ficha de inscrición no Departamento de Deportes coa data límite do 24 de setembro.

A PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE ARZÚA RECIBE O CAXATO DE AVELINO POR MANTER VIVOS OS VALORES PROPIOS DA GALICIA RURAL

20-08-2015
O Salón de Plenos do Concello de Teo foi o lugar de reunión no mediodía deste martes daquelas persoas que quixeron lembrar a persoa de Avelino Pousa convocados pola Irmandade Avelino Pousa Antelo, a Irmandade Manuel María da Terra Chá e a Asociación Cultural Xermolos.

O CONCELLO DE TEO ACOLLE OS ACTOS DO III CABODANO DE AVELINO POUSA ANTELO E A ENTREGA DO CAXATO Á PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE ARZÚA

18-08-2015
A Irmandade Avelino Pousa, a Irmandade Manuel María da Terra Chá e a Asociación Cultural Xermolos entregarán este xoves 20, no III cabodano da morte de Avelino o seu “Caxato” á Parroquia de Santa María de Arzúa. O salón de plenos do Concello de Teo será o lugar no que comezarán os actos de lembranza dende as 12:00 horas.

O CONCELLEIRO XURXO FRANCOS DESPIDEU ESTA MAÑÁ AO GRUPO DE NENOS E NENAS QUE PARTICIPAN NO CAMPEMENTO INFANTIL

17-08-2015
Esta mañá o entorno da Casa do Concello, na Ramallosa, parecía máis un patio de colexio no día de fin de curso. Numerosos pais e nais viñeron despedir ao grupo de nenos e nenas que asisten ao camemento infantil dende hoxe ata o 26 de agosto. O concelleiro Xurxo Francos tamén os acompañou e sumouse á foto de grupo.

REMATAN AS OBRAS DE INSTALACIÓN DE DÚAS MINI PISTAS, DE BÁSQUET E FÚTBOL SALA, EN MONTOUTO

14-08-2015
O Concello de Teo vén de rematar a instalación de dúas mini pistas de deporte en Montouto. Esta mañá o concelleiro de Servizos Básicos, Xurxo Francos, e o de Deportes, Jorge Carballido, visitaban a instalación que xa se pode usar a falta de pequenas cuestións como o limpeza das pistas que está previsto facer nesta xornada. Segundo explica Xurxo Francos “esta mesma semana remataron os traballos e retiráronse os valados de obra que impedían o acceso e xa se nota o interese que había por comezar a usala”.

OS CONCELLOS DE CORUÑA, SANTIAGO E ARZÚA PARTICIPAN NA HOMENAXE A ÁNXEL CASAL QUE SE REALIZA O 19 DE AGOSTO EN TEO

14-08-2015
O Concello de Teo última o deseño do acto de homanaxe a Ánxel Casal que se celebrará como cada ano o 19 de agosto ás 20:00 horas en Montouto. Este ano contará coa presenza dos alcaldes de Coruña, Xulio Ferreiro, de Santiago, Martiño Noriega, de Arzúa, José Luis García e de Teo, Rafael Sisto.